Ir o contido principal

Faleceu Pedro M. Sánchez Fernández

Membro do cadro de persoal da Universidade de Santiago dende o ano 1987, Pedro M. Sánchez Fernández faleceu este pasado mércores. Dende o ano 2007 ocupaba a xefatura do Servizo de Xestión de Persoal ao que se incorporou logo dunha etapa como vicexerente da Universidade de Vigo.
Primeiro na Escala de Xestión e dende a súa promoción no ano 1998 á Escala de Técnicos de Xestión, Pedro Sánchez asumiu múltiples responsabilidade na administración universitaria, entre elas a vixerencia do Campus de Lugo entre os anos 2000 e 2006.
Con anterioridade tamén fora xefe da sección de Títulos e Planos de Estudio e da de Admisión de Alumnos, Títulos e Planos de Estudio, así como do Servizo de Alumnado e do de Planificación e Programación Docente e de Persoal Docente e Investigador.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2009.