Ir o contido principal

Fernando Buíde homenaxea este sábado cunha conferencia-concerto ao compositor ruso Alexander Scriabin

Fernando Buíde homenaxea este sábado cunha conferencia-concerto ao compositor ruso Alexander Scriabin
Fernando Buíde homenaxea este sábado cunha conferencia-concerto ao compositor ruso Alexander Scriabin

O compositor compostelán Fernando Buíde ofrecerá este sábado 4 unha conferencia-concerto en homenaxe ao pianista ruso Aleksandr Scriabin, un dos maiores expoñentes do postromanticismo e o atonalismo libre, no centenario da súa morte. Será ás 20.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) cando Fernando Buíde (Compostela, 1980) faga un percorrido pola vida e obra dun dos compositores e intérpretes máis innovadores da historia da música. As explicacións do relator irán acompañadas da interpretación de varias das súas pezas. O relator Buíde comezou os seus estudos no conservatorio de Santiago para continualos en Oviedo, onde estuda piano con Tsiala Kvernadze e Lidia Stratulat, órgano con Antonio Díaz Corveiras e composición con Leoncio Diéguez. De aí marcha á universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh para estudar órgano con Donald Wilkins e composición con Leonardo Balada, recibindo o premio de composición ‘Harry Archer’. Completou os seus estudos de doutoramento na Universidade de Yale. A súa música, interpretada por numerosas formacións de primeira orde, foi merecedora de innumerables premios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2015.