A festividade de San Alberto Magno celébrase este ano en Matemáticas
As facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas celebran este venres neste último centro a súa festividade de San Alberte Magno, que presidirá ás 12.00 horas no Salón de Actos o reitor Antonio López.
Na cerimonia, o profesor Antonio Gómez Tato impartirá a conferencia ‘Un matemático no mundo real’ e entregaranse os premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’. Contarase ademais con intervencións musicais a cargo de Nuria González, Sabela Fernández e Pablo Rodríguez, compoñentes do trío de violíns da Orquestra da USC e estudantes dos graos en Matemáticas e Física.
Participarán no acto a decana da Facultade anfitrioa, Elena Vázquez Cendón; e os seus homólogos de Química, Pilar Bermejo; de Física, Elena López Lago; de Bioloxía, Antonio Segura, e de Ciencias, José Martínez Ageitos.