Filoloxía organiza un debate sobre a gheada, o seseo e os localismos no uso público
O mércores 11 ás 19.00 horas
O catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Regueira; o coordinador de lingüistas da CRTVG, Paulino Novo; a presentadora da Televisión de Galicia, Lorena Pose, e o actor Federico Pérez participarán o vindeiro mércores, día 11, no debate ‘ Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público’ e que centrarase no uso dos localismos na fala. Será, ás 19.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
O debate estará moderado polo xefe do Gabinete de Comunicación da USC, Luís Celeiro Álvarez, e da súa organización encárgase a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, presidida pola decana, María José López Couso.