Filosofía acollerá o xoves unha xornada sobre ‘Violencia contras as mulleres’
A xornada sobre ‘Violencia contra as mulleres’ celebrarase o xoves 21 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, organizada por este centro, pola súa Comisión de Igualdade de Xénero, a Comisión Cultural e de Normalización Lingüística e o mestrado en Filosofía: coñecemento e cidadanía.
O programa deste encontro comezará ás 17.30 horas coa proxección da documental ‘Todas as mulleres que coñezo’ (walkietalkiefilms), dirixida por Xiana do Teixeiro, e continuará coa mesa coloquio sobre a obra Feminicidio: unha nova orde patriarcal en tempos de submisión de Carme Adán (Vigo: Galaxia, 2018). Ademais da autora, participarán Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora de Antropoloxía Social; e as alumnas de Filosofía Celia Salvador Prior e Ángeles Villamuelas Castro. Moderará o debate a profesora de Filosofía política, María Xosé Agra Romero.