Filosofía inicia a segunda semana de actividades conmemorativas do Día Mundial desta disciplina

Filosofía inicia este martes 20 a segunda semana de actividades organizadas con motivo da celebración do Día Mundial da Filosofía, efeméride ao fío do que a facultade compostelá desenvolve por cuarto ano consecutivo unha serie de iniciativas co lema ‘Filosofía na rúa’ organizadas por estudantado e profesorado do centro. O propósito deste evento é difundir a importancia da reflexión sobre os problemas actuais e as cuestións máis fundamentais, en definitivo a relevancia da Filosofía.
Para este martes 20 está prevista unha charla sobre ‘A ética animal actual e o conflito coas éticas ambientais’ impartida por Lucía Cebreiro, estudante de Filosofía da USC; a quen seguirá Xavier de Donato, profesor do mesmo centro compostelá co tema ‘Zombis filosóficos’. O ciclo de actividades concluirá o xoves 22 coa pedagoga María Benito Sicilia e a estudante de Filosofía da USC Paula Castrillón Dorna, falando sobre ‘Disciplina e autoridade na educación: situación actual e perspectivas pedagóxicas’. Todas as actividades están previstas para as 20.00 horas no Salón de Actos da Facultade e abertas á comunidade universitaria e a todo o público interesado.