Física celebrou a terceira edición das súas Xornadas de Orientación Laboral
Unha trintena de mozos e mozas coñeceron de primeira man o Departamento TECH do grupo INDITEX
Santiago de Compostela
A Facultade de Física acaba de impulsar a terceira edición das súas Xornadas de Orientación Laboral nas que profesionais do Departamento de Recursos Humanos e do Departamento TECH do grupo INDITEX deron a coñecer a empresa, as tecnoloxías empregadas, as opcións laborais e o seu programa de captación de talento.
As persoas asistentes tamén tiveron a oportunidade de resolver en tempo real un reto relacionado co traballo que podería desenvolver un graduado/a en Física na empresa. A sesión celebrouse na Sala de Xuntas da Facultade e contou coa participación dunha trintena de alumnos e alumnas.