Ir o contido principal

O físico Gabriele Veneziano imparte este mércores un coloquio na USC sobre ‘Espazo, Tempo e Materia: 90 anos despois’

Autor de preto de 300 publicacións científicas e un dos descubridores da teoría de cordas

O físico teórico Gabriele Veneziano impartirá este mércores, 6 de abril, un coloquio, na Facultade de Física da USC, a partir das 17:00 horas. Baixo o título ‘Espazo, Tempo, Materia: 90 anos despois’, Veneziano fará unha revisión crítica do pronóstico que fai 90 anos realizaron Hermann Weyl y Wolfgang Pauli sobre o estado da física teórica e os rumbos que tomaría as seguintes décadas. Gabriele Veneziano ocupa a Cátedra de Partículas Elementais e Cosmoloxía do Collége de France, en Paris. É autor de preto de 300 publicacións científicas que reúnen máis de 21.000 citas e o seu apelido ten sido utilizado para dar nome a varias fórmulas. Veneziano traballou na Organización Europea para la Investigación Nuclear (CERN) e é un dos descubridores da teoría de cordas, un modelo fundamental da física que basicamente asume que as partículas materiais aparentemente puntuais son en realidade estados vibracionais dun obxecto estendido máis básico chamado corda ou filamento. A visita de Gabriele Veneziano concluirá o xoves, cun almorzo con profesores da área de Física de Partículas, cos que se reunirá posteriormente con eles se discutir nunha sesión informal, temas de interese común.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2011.