Ir o contido principal

Fondo pesar polo falecemento de Armando Álvarez Figueiras

Encargado de instalacións do estadio de atletismo universitario, Armando Álvarez estivo toda a súa vida laboral vinculado á institución docente compostelá
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago manifesta o seu fondo pesar polo falecemento de Armando Álvarez Figueiras, membro do cadro de Persoal de Administración e Servizos, e únese á dor da súa familia e amizades.

Encargado de instalacións do estadio de atletismo universitario, Armando Álvarez estivo toda a súa vida laboral vinculado á institución docente compostelá onde desenvolveu diversas funcións. O responsable da Área de Deportes lembrou a súa grande lealdade institucional e a súa permanente dispoñibilidade. Os seus restos mortais atópanse no Tanatorio Apóstolo de Bertamiráns de onde partirán a primeira hora da tarde para a súa incineración na intimidade familiar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2019.