Ir o contido principal

Fondo pesar polo falecemento do profesor Enrique Jiménez

A Universidade de Santiago quere manifestar o seu fondo pesar polo falecemento do que fora secretario xeral da institución entre os anos 1990 e 1994, o profesor Enrique Jiménez Gómez.

Doutor en medicina e Cirurxía e profesor xubilado da Facultade de Medicina o ano pasado, Enrique Jiménez compaxinaba o seu labor como docente co seu traballo como xinecólogo no CHUS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2018.