Ir o contido principal

Fondo pesar polo falecemento de Vicente Álvarez Areces

A Universidade compostelá súmase á dor da familia e amizades pola perda de Vicente Álvarez Areces, estudante de Matemáticas desta institución e membro activo dos movementos estudantís a favor da democracia nos estertores do franquismo.

O que foi presidente do Goberno de Asturias e alcalde da cidade de Gijón participou estes últimos anos en varios actos organizados na USC, o último precisamente de conmemoración das revoltas estudantís xurdidas en torno ao ‘Maio do 68’, que na USC se adiantaran uns meses e na que Areces tivo un papel moi destacado que mesmo o levou tres veces ao cárcere.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2019.