Ir o contido principal

Fondo pesar na Universidade polo falecemento do catedrático Ramón Otero Túñez

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu pesar polo falecemento, aos 84 anos de idade, do catedrático de Historia de Arte da USC Ramón Otero Túñez, que fora ademais director do Departamento de Historia da Arte e decano da Facultade de Filosofía e Letras.
Membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, da súa extensa carreira profesional e investigadora destacan as colaboracións co Centro de Estudios Jacobeos e co Instituto Padre Sarmiento relacionadas fundamentalmente coa historia da arte galega e entre as que figura de modo especial o estudo do coro pétreo de Mestre Mateo.
O funeral será este xoves 11, ás 12:00 horas, na Capela do Rosario, en San Domingos de Bonaval.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2010.