Ir o contido principal

Fondo pesar na Universidade polo falecemento da compañeira Mercedes Díaz de Bustamante

A Universidade de Santiago quere manifestar o seu fondo pesar polo falecemento da integrante do seu cadro de persoal Mercedes Díaz de Bustamante ao tempo que sumarse á dor da súa familia e amizades. Pertencente ao cadro de persoal de administración e servizos da USC dende hai máis de 30 anos, Mercedes Díaz de Bustamante desenvolvía actualmente o seu labor profesional na biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2014.