Ir o contido principal

Fondo pesar na Universidade de Santiago de Compostela polo pasamento da profesora Florentina Guerrero Callejas

A Universidade de Santiagode Comnpostela (USC) lamenta o pasamento da profesora do Departamento de Anatomía e Produción Animal, membro da comunidade universitaria querida e recoñecida no eido da docencia e a investigación. O pasamento de Guerrero Callejas xerou fondo pesar especialmente na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, onde a finada desenvolveu a súa traxectoria académica e investigadora desde a hai máis de dúas décadas. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos.

Florentina Guerrero Callejas, de 58 anos de idade, finou na mañá do luns 17 de marzo na capital luguesa. Esta profesora, nada no municipio albaceteño de Hellín, onde está previsto celebrar este martes os actos fúnebres polo seu pasamento, impartía na actualidade a materia de Citoloxía e Histoloxía Veterinaria no campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2014.