Fondo pesar na Universidade de Santiago polo falecemento do profesor Juan José Moralejo Álvarez
A Universidade de Santiago manifesta o seu pesar polo falecemento do catedrático de Lingua e Literatura Gregas da USC Juan José Moralejo e súmase á dor da familia e das persoas achegadas a el. O profesor Moralejo iniciara unha frutífera traxectoria na Universidade compostelá no ano 1971 logo de doutorarse en Filoloxía Clásica na Universidade Complutense ese mesmo ano. O setembro pasado a USC organizoulle unha homenaxe co gallo do seu 70 aniversario “polo seu longo e brillante traxecto universitario e por un perfil humano e persoal que o fan acredor da maior estima, recoñecemento e gratitude”, como se sinala no volume Άντίδωρν editado para o ocasión.