Fondo pesar na USC polo pasamento de Emiliano de Vega

Desenvolvía a súa actividade como Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos nas facultades de ADE e Ciencias do Campus de Lugo
Lugo
A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de Emiliano Héctor de Vega y de Vega, quen desenvolvía a súa actividade como Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos nas facultades de Administración e Dirección de Empresas e de Ciencias do Campus de Lugo.
Emiliano de Vega era técnico da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC). A comunidade universitaria do Campus de Lugo e da USC no seu conxunto destaca a súa dimensión laboral e persoal e manifesta o seu dó polo falecemento.