Ir o contido principal

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Javier Serrano Alonso

O profesor Serrano Alonso pertencía ao departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC. FOTO: Santi Alvite
O profesor Serrano Alonso pertencía ao departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC. FOTO: Santi Alvite
Especialista na figura de Ramón María del Valle-Inclán, impartía docencia na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo
Lugo

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do profesor da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, Francisco Javier Serrano Alonso. Pertencente ao grupo de investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse no ano 1992, na Universidade Autónoma de Madrid, coa tese titulada Ramón del Valle-Inclán Jardín Umbrío/Jardín Novelesco, edición crítica de la estrategia narrativa en los cuentos de Valle-Inclán.

O profesor Serrano Alonso pertencía ao departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC e era considerado un dos meirandes especialistas na figura de Ramón María del Valle-Inclán, tema sobre o que ten publicado numerosos artigos, impartido relatorios e escrito libros como Los cuentos de Valle-Inclán: estrategia de la escritura y genética textual, Valle-Inclán, candidato republicano, Valle-Inclán: epistolario recuperado ou Valle-Inclán y las artes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2024.