Ir o contido principal

Fondo pesar na USC polo pasamento da profesora Benita Silva

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da profesora Benita Silva. FOTO: Santi Alvite
A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da profesora Benita Silva. FOTO: Santi Alvite
Profesora do departamento de Edafoloxía e Química agrícola ata a súa xubilación, foi vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC e era, na actualidade, presidenta de honra da Asociación Alumni USC

Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da profesora Benita Silva. 

Nada na Pobra do Caramiñal en 1951, Benita Silva era doutora en Ciencias Químicas e impartiu docencia no departamento de Edafoloxía e Química Agrícola para alén de coordinar Grupo de Estudos Medioambientais Aplicados ao Patrimonio Cultural e Natural da USC. Foi tamén vicerreitora de Resposabilidade Social e Calidade entre os anos 2010 e 2014 e, na actualidade, era presidenta de honra da Asociación Alumni USC. 

A USC únese á dor da familia e amizades pola perda desta figura fondamente querida pola comunidade universitaria e expresa o seu agradecemento polo traballo e esforzo que desenvolveu no seo da institución.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.08.2022.