Fondo pesar na USC polo pasamento da profesora María Luisa Sanjuán Hernán-Pérez
A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da profesora xubilada da Área de Sanidade Animal do Departamento de Patoloxía Animal María Luisa Sanjuán Hernán-Pérez, unha persoa moi querida entre a comunidade universitaria e recoñecida tamén polos seus méritos nos eidos da docencia e da investigación.
O pasamento de María Luisa Sanjuán Hernán-Perez xerou fondo pesar especialmente na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, onde a finada desenvolveu boa parte da súa traxectoria académica e investigadora. A USC recoñece así os méritos da finada
María Luisa Sanjuán Hernán-Pérez faleceu o martes 29 de outubro na capital luguesa, onde este mércores, a partir das 17.00 horas, a igrexa parroquial do Bo Pastor a celebración dunha misa de funeral pola finada, cuxos restos mortais descansan no tanatorio da citada igrexa.