Ir o contido principal

Fondo pesar na USC polo pasamento do técnico de investigación Xan Parrado

Vencellado á USC desde hai preto de tres décadas, o melidense Xan Parrado desenvolveu a súa actividade laboral desde 2001 na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do técnico de investigación Xan Parrado, tal e como era coñecido Juan Ricardo Parrado Garea, unha persoa moi querida e recoñecida por toda a comunidade universitaria.

Vencellado á USC desde hai preto de tres décadas, o melidense Xan Parrado desenvolveu a súa actividade laboral desde 2001 na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, onde está considerado como unha “institución” por parte de docentes, estudantes e persoal de administración e servizos. A USC recoñece así os méritos do finado.

Xan Parrado, de 54 anos de idade, faleceu o mércores 30 de outubro en Melide, en cuxo tanatorio descansan os seus restos mortais. O funeral de enterro celebrarse este venres 1 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Melide. A comitiva fúnebre partirá do tanatorio ás 16.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.