Ir o contido principal

A Fonoteca proxecta o documental 'Beethoven', dirixido por Hill Marshall

A Fonoteca Universitaria dedica este mes o seu ciclo Música en Imaxes aos grandes compositores clásicos. Así, o xoves 21 proxectará o documental ‘Beethoven’, dirixido por Hill Marshall, ás 18:00 horas na sede da Fonoteca, na Facultade de Ciencias da Comunicación.
A música da cinta, narrada por Kenneth Branagh, está interpretada por The Chamber Orchestra of Europe dirixida por Nikolaus Harnoncourt e The Lindsays.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2007.