Ir o contido principal

A Fonoteca proxecta un documental sobre Mahler

A Fonoteca universitaria proxecta este xoves, día 6, o documental ‘Mahler’, producido e dirixido por Kriss Rusmanis e narrado por Kenneth Branagh. A proxección, que se enmarca no ciclo Música en imaxes, será ás 18:00 horas.
A música está interpretada pola BBC Symphony Orchestra, dirixida por Sir Georg Solti, e coas contribucións de, entre outros, Ken Russell, Thomas Hampson, Michael Wilson Thomas e Ricardo Chailly.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2008.