A Fonoteca proxecta 'Liverpool Oratorio', de Paul McCartney
A Fonoteca Universitaria proxecta este xoves, día 20, a partir das 18:00 horas, a película ‘Liverpool Oratorio’, de Paul McCartney, nunha actividade enmarcada no ciclo Música en Imaxes.
O filme conta coas interpretacións de Kiri Te Kanawa, Sally Burgess, Jerry Hadley, Willard White, Coro e Orquestra da Royal Liverpool Philharmonic, e Choristers of Liverpool Cathedral, dirixidos por Carl Davis.