Ir o contido principal

A Fonoteca proxecta a ópera 'Diálogos das Carmelitas'

A Fonoteca da Universidade proxecta este xoves, día 24, a partir das 18:00 horas, a ópera ‘Diálogos das Carmelitas’ composta por Francis Poulenc e con libreto de Georges Bernanos, nunha actividade enmarcada no ciclo semanal Música en Imaxes.
Na cinta, gravada na Ópera National de Rhin en 1999, participan como intérpretes Anne-Sophie Schmidt, Laurence Dale, Hedwig Fassbender coa Orchester Philharmonique de Strasbourg baixo a dirección de Jan Latham-Koenig.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2008.