A Fonoteca Universitaria continúa este xoves coa proxección de filmes de Ken Burns sobre a historia do jazz
Enmarcada no ciclo Música en Imaxes, a Fonoteca Universitaria continúa este xoves 12, ás 18:00 horas na súa sede en Ciencias da Comunicación, coa proxección da serie sobre a historia do jazz que realizou Ken Burns.
Neste caso, serán os capítulos 3 e 4 titulados ‘Our Language, 1924-1928’ e ‘The True Welcome, 1929-1935’.