Ir o contido principal

A Fonoteca universitaria proxecta o filme 'Buddy Holly Story'

A Fonoteca Universitaria, emprazada na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, proxecta este xoves 12 a película ‘Buddy Holly Story (Historia de Buddy Holly)’, dirixida por Steven Rash.
Esta actividade, que terá lugar ás 18:00 horas con entrada libre, enmárcase no ciclo semanal ‘Música en Imaxes’ que nesta ocasión se dedica aos fondos da Fonoteca.
‘Buddy Holly Story’, interpretada por Gary Buses, Don Strout e Charles Martin Simth, coa participación de Comrad Janis e Janis William Jordan, conta a historia dun dos grandes pioneiros da música pop-rock a pesar da súa curta traxectoria truncada por un accidente aéreo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2007.