Formación do Profesorado acolle este venres unha xornada de orientación laboral para estudantes e titulados
A sesión, impartida por Gloria Cruz, comezará ás 11.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués
A Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC acolle este venres, a partir das 11.30 horas, unha xornada de orientación e inserción laboral dirixida a estudantes e persoas xa tituladas no centro universitario.
A técnica da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC no campus de Lugo, Gloria Cruz Amil, será a relatora encargada de impartir esta sesión, no marco da que presentará ao público presente as diversas ferramentas e recursos que teñen á súa disposición para comezar unha busca activa de emprego, ao tempo que tamén informará sobre outras oportunidades de inserción laboral, así como de convocatorias de prácticas.