Ir o contido principal

Un foro abordará as enfermidades neurodexenerativas do 14 ao 16 de novembro

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras (ACEM), en colaboración co CiMUS da USC e o IDIS, e o aval científico do CIBERNED, organiza en Santiago de Compostela o foro. FOTO: Santi Alvite
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras (ACEM), en colaboración co CiMUS da USC e o IDIS, e o aval científico do CIBERNED, organiza en Santiago de Compostela o foro. FOTO: Santi Alvite
Debido en gran parte ao envellecemento poboacional, estas patoloxías alcanzarán nos próximos anos unha prevalencia de enormes dimensións
Santiago de Compostela

As enfermidades neurodexenerativas son trastornos do sistema nervioso no que as neuronas se deterioran ou morren de forma progresiva. Estas enfermidades poden afectar a diversas partes do sistema nervioso, incluíndo o cerebro, a medula espinal e os nervios periféricos. Debido en gran parte ao envellecemento poboacional, estas patoloxías alcanzarán nos próximos anos unha prevalencia de enormes dimensións, encabezada polo alzhéimer e seguida, en segundo lugar, polo párkinson.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras (ACEM), en colaboración co CiMUS da USC e o IDIS, e o aval científico do CIBERNED, organiza en Santiago de Compostela o I Foro de Enfermidades Neurodexenerativas os próximos 14, 15 e 16 de novembro. O seu obxectivo é ofrecer diferentes perspectivas sobre este tipo de enfermidades, tanto desde o punto de vista das persoas afectadas, como desde a óptica clínica e a investigación. No plano científico, o grupo Cell and Molecular Neurobiology of Parkinson's Disease que dirixe desde o CiMUS José Luis Labandeira, é referente con estudos orientados a descubrir novas vías diagnósticas. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2023.