Ir o contido principal

Un foro reflexiona arredor da figura do filósofo, sociólogo e antropólogo francés Bruno Latour

Bruno Latour foi un filósofo, sociólogo e antropólogo francés, especialista en Estudos de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, así como un dos principais referentes da Actor-Network Theory. FOTO: EHESS
Bruno Latour foi un filósofo, sociólogo e antropólogo francés, especialista en Estudos de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, así como un dos principais referentes da Actor-Network Theory. FOTO: EHESS
O director da École des hautes études en sciences sociales de París, Jean-Marc Besse, será un dos relatores nesta sesión que se desenvolve este xoves 27 de abril ás 12.30 horas en Filosofía
Santiago de Compostela

O ciclo 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía da USC programa o xoves 27 de abril ás 12.30 horas a mesa redonda 'A actualidade do pensamento de Bruno Latour: dende a epistemoloxía á ecoloxía política',  que contará coas intervencións de Jean-Marc Besse, director da École des hautes études en sciences sociales (EHESS) e investigador do Centre national de la recherche scientifique (CNRS); Sandra Álvaro Sánchez, da Universitat Autònoma de Barcelona; e de Guillermo Rodríguez Alonso, investigador da USC, e Xavier de Donato, decano de Filosofía.

Bruno Latour foi un filósofo, sociólogo e antropólogo francés, especialista en Estudos de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, así como un dos principais referentes da Actor-Network Theory. A sesión desenvolverase no Salón de Actos da Facultade e o acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2023.