Ir o contido principal

Un foro veterinario aborda este mércores en Lugo o futuro da gandería e a detección de estros en vacas de leite en México

As xornadas galaico-mexicanas organizadas pola Academia de Ciencias Veterinarias en Galicia desenvolveranse a partir das 16.00 horas na Deputación Provincial de Lugo

A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia celebra este mércores 16 de maio, a partir das 18.00 horas, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, unhas xornadas galaico-mexicanas no marco da que diversos relatores abordarán cuestións relativas á realidade pecuaria no país iberoamericano e sobre os costos da detección de estros en vacún de leite.

O presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo Iglesias, será o encargado de inaugurar este foro veterinario galaico-mexicano, unha xornada de organizado por José Luis Benedito Castellote, catedrático da área de Medicina e Cirurxía Animal da USC na Facultade de Veterinaria do Campus Terra, a través da que se pretende favorecer o coñecemento da realidade, das problemáticas e dos avances científicos rexistrados no sector pecuario dun e doutro lado do Atlántico.

O profesor da Universidade Autónoma de México e académico de número de Academia Veterinaria Mexicana Everardo González Padilla abrirá a quenda de relatorios deste foro cunha intervención que se desenvolverá baixo o título ‘As actividades pecuarias en México: Situación actual e perspectivas’ . De seguido, o tamén académica de número e profesor da Universidade Autónoma de México Rafael Trueta Santiago abordará nunha exposición os costos da detección de estros en vacas leite en réxime intensivo.

O presidenta da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, será o encargado de pechar esta xornada veterinaria galaico-mexicana, unha sesión de traballo organizada en virtude dun acordo de colaboración entre o ente provincial lugués e a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2018.