Ir o contido principal

O fotógrafo Fuco Reyes repasará nun curso a evolución da fotografía dende a súa orixe ata a era dixital

O fotógrafo Fuco Reyes repasará nun curso a evolución da fotografía dende a súa orixe ata a era dixital
O fotógrafo Fuco Reyes repasará nun curso a evolución da fotografía dende a súa orixe ata a era dixital

Dirixido a público en xeral con interese na fotografía, tanto con coñecementos técnicos como a afeccionados, do 18 ao 22 de xullo celebrarase o curso ‘ Conectando os puntos: a fotografía contemporánea en España’. Os seus obxectivos son coñecer as claves necesarias para interpretar, analizar e crear imaxes tanto no ámbito documental como no artístico, posibilitar recursos que permitan comprender o estado actual da fotografía en España a través das súas orixes e comprender a situación actual da fotografía dixital como evolución da química.

Impartido na súa maioría polo fotógrafo Fuco Reyes Cora, a serie de intervencións recollida no programa describen un percorrido pola historia da fotografía dende as súas orixes ata finais do século XIX ata a época contemporánea pasando polo pictorialismo e o modernismo, a fotografía na ditadura, a época da democracia o postmodernismo e a situación en Galicia. As sesións expositivas completaranse con dous talleres dedicados á evolución da fotografía química á época dixital, que impartirá Tino Martínez, e outro para a revisión das fotografías realizadas polas persoas matriculadas durante o curso.

O curso celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación para un máximo de 30 alumnos/as cunha carga lectiva de 16 horas.

Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2016.