Francisco Caamaño fala en Económicas das novas tecnoloxías e a administración de Xustiza
‘As novas tecnoloxías e a Administración de Xustiza en España’ é o título da conferencia que este mércores 12 pronunciará o ex ministro Francisco Caamaño e que porá o broche final ás actividades do primeiro cuadrimestre do centro. A charla será ás 12:00 horas na aula B da Facultade e será presentada polo decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira.
Francisco Caamaño (Cee, 1963) é doutor en Dereito e foi profesor de Dereito Constitucional na USC e catedrático da Universidade de Valencia. Secretario de Estado de Relacións coas Cortes de 2004 a 2009, ocupou o cargo de ministro de Xustiza dende ese ano ata decembro de 2011. Na actualidade é o secretario xeral do PSdG na provincia da A Coruña, sendo deputado e portavoz de Cultura e Lingua no Parlamento de Galicia.