Ir o contido principal

A Fundación Barrié presenta na USC as súas bolsas de posgrao no estranxeiro

A Fundación Barrié presenta este mércores 29 na Universidade de Santiago as súas bolsas de posgrao no estranxeiro para a realización de másteres, doutorados e estadías de investigación en centros académicos e investigadores de todo o mundo. A sesión informativa terá lugar ás 11.00 horas no salón de actos da Facultade de Dereito e nela abordaranse os aspectos loxísticos e de contido das bolsas ofertadas ademais de avanzarse os criterios do proceso de selección. Nesta vixésimo terceira convocatoria a Fundación concederá un total de 32 bolsas, abertas a calquera especialidade, se ben darase prioridade aos proxectos que se consideren de maior impacto potencial para Galicia. Este ano como novidade amplíase a convocatoria a centros educativos e investigadores de todo o mundo e non só a Estados Unidos, Europa y Asia como en anos anteriores. A convocatoria permanecerá aberta ata o 31 de marzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2012.