A Fundación Caixa Galicia renova a colaboración coa USC para o desenvolvemento do PETIC, Uniemprende e os cursos de posgrao
Na sinatura do convenio acordarán continuar na USC co labor da Cátedra Fundación Caixa Galicia de Economía e Finanzas creada en 2006
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, e o vicepresidente da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, José Luis Méndez, asinan este mércores, día 23, un convenio polo que renovan a colaboración da Fundación coa institución docente en eidos específicos como o Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (PETIC), o Programa de Creación de Empresas (Uniemprende) e os Programas de Estudo de Posgrao e Formación Continua.
No acto de sinatura, que terá lugar ás 13:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, acordarán ademais continuar na USC co labor da Cátedra Fundación Caixa Galicia de Economía e Finanzas creada en 2006.