A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal presenta o primeiro número da súa revista
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) presentará este martes, día 13, ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o primeiro número da súa revista, que inclúe diversos estudos de carácter multidisciplinar sobre temática eurorexional.
A este acto, que estará presidido polo reitor Senén Barro, asisten ademais o director da revista e pro-reitor da Universidade de Trás-os Montes e Alto Douro (Portugal), Pedro Melo; o director da propia Fundación, Carlos Ferrás; e o secretario da publicación e profesor da Universidade da Coruña, Félix Blázquez.
O CEER trata de buscar sinerxias e complementariedades nos eidos académicos universitarios da Eurorrexión coa finalidade de reforzar as vinculacións entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal cun carácter netamente plural, integrador, dinamizador e innovador no ámbito do estudio, análise e desenvolvemento do cadro eurorrexional.