Ir o contido principal

A Fundación Galicia Europa organiza na residencia Monte da Condesa unha feira na que participan mozos de toda a Unión Europea

A residencia universitaria Monte da Condesa reúne dende a tarde deste venres a oitenta mozos provenientes dos 27 países da Unión Europea nunha feira enmarcada no proxecto YANG que organiza a Fundación Galicia Europa. Os participantes simularán un Parlamento Europeo do que sairán as recomendacións da xuventude sobre o devir do proxecto comunitario.
Aproveitando a súa estadía en Galicia, os mozos participarán nesa Feira Europea para informar sobre a situación do asociacionismo nos seus respectivos países. Exporán as actividades que desenvolven nas organizacións ás que pertencen ou do seu entorno e as posibilidades de participación a través da sociedade civil e da Administración. Así mesmo, achegarán produtos típicos da súa gastronomía para que os asistentes poidan facer un percorrido polos sabores de Europa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2007.