Ir o contido principal

A co fundadora do Instituto de Liderado das Segovias de Nicaragua Hydeé Castillo participa no ciclo USC Sostible

A co fundadora do Instituto de Liderado das Segovias de Nicaragua Hydeé Castillo participa no ciclo USC Sostible
A co fundadora do Instituto de Liderado das Segovias de Nicaragua Hydeé Castillo participa no ciclo USC Sostible

Na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación en Campus Vida, a co fundadora do Instituto de Liderado das Segovias de Nicaragua, Hydeé Castillo participa este xoves a partir das 12.00 horas nas actividades Mulleres en prol da Gaia, do proxecto ‘USC Sostible. Comercio Xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable’, desenvolvido entre a Asociación polo Comercio Xusto e Solidario Panxea e a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC (plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es)).

Na sesión Hydeé Castillo compartirá a súa experiencia despois de ter sido testemuña da devastación do furacán Mitch. Logo desta vivencia, Castillo afirma que “o coñecemento é algo que ninguén che pode arrebatar, que máis ben dáche forza para abrir camiños e desafiar os problemas e atopar dende o teu interior e a sabedoría colectiva a resposta a tantos desafíos. Iso non o podía levar ningún furacán, nin a guerra, nin ninguén”.

Defensora do Dereitos Humanos, feminista e membro do Movemento de Mulleres en Nicaragua e na rexión centroamericana, ten experiencia en traballo sobre empoderamento e desenvolvemento integración centroamericana, cooperación ao desenvolvemento, dereitos humanos, xénero, cambio climático e desenvolvemento rural. Participou en varios cumios das Nacións Unidas sobre os dereitos das mulleres e o cambio climático.

Esta actividade conta coa colaboración de Solidariedade Internacional de Galicia, unha unha Organización non Gobernamental de Desenvolvemento (ONGD) que promove a xustiza social a través de proxectos de cooperación internacional, a axuda humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e sensibilización, o comercio xusto e a incidencia política. Dende o comezo do proxecto USC Sostible colabora colabora no seu desenvolvemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2017.