Ir o contido principal

Graduación da primeira promoción do grao en Química

A primeira promoción do grao en Química celebra este sábado 8 no Hotel Congreso de Santiago o seu acto de graduación que presidirá o reitor Juan Casares Long. A cerimonia dará comezo ás 18.00 horas coa intervención dos estudantes Cristina Villaverde Basagoitia e Xoel Yáñez Boán a quen lles seguirá a madriña da promoción, a profesora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Marta Lores Aguín, e o padriño, José Luis Mascareñas Cid, do Departamento de Química Orgánica. Intervirán ademais o membro da xunta directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Alberto Arce Arce; o decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra; e o decano da Facultade de Química, Ramón José Estévez Cabanas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2013.