Ir o contido principal

Graduación da segunda promoción de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais na Facultade de Ciencias

A Facultade Ciencias celebra este venres 5 de xuño o acto de graduación da segunda promoción do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais egresados do centro universitario lugués.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá esta sesión, que se desenvolverá a partir das 17.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias de Lugo. O decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; o alcalde en funcións de Lugo, José López Orozco; a deputada provincial delegada da área de Economía, Recadación e Facenda da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto, e o profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC no centro lugués Gerardo Pereira Gonçalves, que actuará como padriño da promoción, tamén intervirán como relatores neste acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2015.