Graduación da VII Promoción de Grao en Enxeñaría Informática
O vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, Xosé Pereira, preside este venres 17 a acto de graduación da VII promoción do Grao en Enxeñaría Informática que terá lugar ás 18.30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
As profesoras María Jesús Taboada Iglesias e Dora Blanco Heras son as madriñas desta promoción. No acto, ademais delas intervirán os estudantes Cristina Sánchez Barreiro e Javier Guzmán Figueira Domínguez; o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Marcos J. Mata Mansilla; o secretario do Departamento de Electrónica e Computación, Manuel Lama Penín; o director do CiTIUS, Paulo Félix Lamas; e o director da ETSE, Antonio Mosquera González.