O grupo ARTías de teatro da USC representa en Teo ‘Oito mulleres’
O grupo da USC ARTías Teatro acode este mércores 6 ao Centro Sociocultural A Ramallosa (Teo) para representar, ás 21.00 horas, a obra de Robert Thomas ‘Oito mulleres’, dirixida por Daniel Baamonde. Esta divertida obra desenvólvese como as historias que escribía Agatha Christie. Un misterioso crime, oito mulleres... un enredo con moita acción e risas. ARTías compóñeno Charo Babío, Concha Losada, Chusa González, Elena Quintela, Esther Hervés, Isabel Méndez, Sonia Barros, Suli de la Peña e Xoana Pintos.