O Grupo Compostela de Universidades celebra na Roehampton University de Londres a súa XIV asemblea xeral
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) celebra esta semana, os días 18 e 19, na Roehampton University de Londres a súa XIV asemblea xeral, á que asiste o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández. Previamente, na tarde deste mércores reunirase o comité executivo do grupo.
Nesta asemblea xeral, que comezará nunha cerimonia á que asisten o presidente do Grupo Compostela, Maurits van Rooijen, e o vicepresidente da universidade anfitrioa, Paul O’Prey, desenvolveranse diversos paneis de traballo nos que a USC ten un papel destacado.
Deste xeito, nos paneis temáticos sobre a relación da Universidade e a empresa intervirá o director asociado do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da USC, José Luis Villaverde, nunha sesión moderada polo presidente do GCU, Maurits van Rooijen.
O segundo día da reunión, e nunha sesión do grupo de traballo sobre estudos de xénero, partiaicparán a profesora Elena Vázquez Cendón e a directora de Cursos Internacionais da USC, Lanzada Calatayud. Tamén na mañá do venres intervirá o vicerreitor Lourenzo Fernández presentando as accións a levar a cabo en zonas prioritarias para o grupo, no seu caso Latinoamérica e os programas Columbus e CINDA.
PremiosNo transcurso da asemblea xeral, o xoves 18 terá lugar a entrega da Insignia de Ouro do GCU ao que fora o seu presidente, o profesor Marc Richelle, e xa o venres 18, nunha cena de gala, faráselle entrega ao Canal Arte do XIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia.