O Grupo Compostela de Universidades e a USC asinan un acordo marco de colaboración

O presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey, asinaron un convenio marco que establece unha liña de colaboración en diversos ámbitos de interese común.
A finalidade deste acordo é fixar os termos da colaboración para desenvolver de maneira conxunta actividades e programas académicos, culturais e de investigación.