Ir o contido principal

O grupo Esculca da USC profunda na muller inmigrante en Galicia nun curso de verán en Caldas de Reis

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

Dirixido por Mar Lorenzo Moledo e Begoña Castro Martínez, o Auditorio Municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) acolle entre os días 26 e 29 de xullo o curso de verán ‘A muller e os fluxos migratorios en Galicia: educación e desenvolvemento social’. No curso, recoñecido como formación permanente do profesorado non universitario, profundarase na figura da muller inmigrante en todas as vertentes, tanto familiar como social ou educativa. Ademais dos relatorios contémplanse tres mesas redondas sobre formación e emprego en Galicia, o empoderamento das mulleres inmigrantes e o papel dos CIM como servizo social. Dous obradoiros didácticos pechan as actividades deste curso organizado polo grupo Esculca da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2011.