Ir o contido principal

O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC coordina o IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza

O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC (GEPN) coordina o IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza que se vai celebrar nesta en Boiro os vindeiros 27 e 28 de febreiro. Os alumnos da USC que se matriculen poderán validar a súa asistencia por un crédito de libre configuración.
Nestes dous días de xuntanzas, especialistas universitarias e expertos neste eido de traballo, analizarán cuestiones relacionadas coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico, as comunidades campaniformes en Galicia ou identidade territorial. Tamén terán cabida cuestións máis específicas como as escavacións do crómlech da Mourela, un percorrido polos hábitos alimenticios na Ría de Arousa, o megalitismo andaluz, vida e morte na cultura do Argar ou escavacións arqueolóxicas en Pompeya.
Completando o abano teórico celebrarase unha mesa redonda na que se someterá a debate a rendibilidade social do patrimonio da man de investigadores da USC así como de representantes dos grupos parlamentarios do BNG, PSOE e do PP, da Xunta de Galicia e da Asociación de Amigos do Centro Arqueolóxico. Xunto coas sesións máis teóricas, o programa do encontro inclúe unha visita guiada ao parque arqueolóxico de arte rupestre de Campolameiro, á Salinae e ao Museo e Mar de Vigo, o día 6 de marzo, e un roteiro guiado ao complexo de Castro de Santa Tegra, o domingo 7 de marzo.
Para acadar máis información sobre o programa, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do Centro Arqueolóxico de Barbanza http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos_detalle.asp?insc=si&id=68

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2010.