O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC coordina a organización do III Encontro Arqueolóxico do Barbanza
O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC (GEPN) colabora xunto coa Consellaría de Educación e o Centro Arqueolóxico de Barbanza na organización do III Encontro Arqueolóxico do Barbanza que se vai celebrar nesta localidade coruñesa este sábado 28 e o domingo 1 de marzo.
Nestes dous días de xuntanzas, especialistas universitarias e expertos neste eido de traballo, analizarán cuestiones relacionadas coa cultura castrexa, manifestacións da Idade do Ferro ou do megalitismo ou sobre a arte rupestre no suroeste galaico e noroeste de Portugal. Tamén terán cabida cuestións máis específicas como as labores de recuperación desenvolvidas no Castelo da Rocha Forte, a relación entre arqueoloxía e mitoloxía dos tesouros de Galicia a través do exemplo de Leiro (Rianxo) ou o caso do dolmen de Axeitos, entre outros.
Os expertos tamén traerán a debate as pautas de comportamento e cambio cultural nos inicios da revolución humana ou unha análise da práctica arqueolóxica en Galicia nos últimos anos. Xunto coas sesións máis teóricas, o programa do encontro inclúe unha visita guiada ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, o día 7 de marzo, e un roteiro guiado ao Complexo de Arte Rupestre do Barbanza o domingo 8 de marzo.
Para acadar máis información sobre o programa, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do Centro Arqueolóxico de Barbanza http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos_detalle.asp?insc=si&id=43