Ir o contido principal

O Grupo de Investigación Gis-T-Idega mostra en colexios e institutos o material audiovisual do programa 'Diverciencia. Granxas Dixitais'

O Grupo de Investigación Gis-T-Idega celebra, co gallo da Semana da Ciencia, a segunda parte do programa ‘Diverciencia. Granxas Dixitais’, que consistirá na presentación do material audiovisual recollido por técnicos da USC durante as visitas ás granxas por parte de escolares de toda Galicia ademais dunha clase de ESO dun instituto compostelán celebradas previamente.
As presentacións terán lugar nos colexios e institutos participantes (Compañía de María, López Ferreiro, Pío XII e Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela; Colexio San Pedro de Visma da Coruña; e Amadeo Barroso de Ourense) entre os días 10 e 17 de novembro, e a elas acudirán os/as nenos/as participantes, os técnicos do Grupo, mestres e todos os pais e nais que o desexen. Tamén estarán presentes os granxeiros participantes, cos que os rapaces e rapazas poderán interactuar.
O acto oficial de apertura das presentacións de ‘Diverciencia. Granxas Dixitais’ terá lugar o martes, 11 de novembro, ás 10:00 horas no Colexio López Ferreiro (Avda Xoán XXIII, s/n, Santiago de Compostela) e a el asistirá, entre outros, o director xeral da de I+D+i, Salustiano Mato.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2008.