Un grupo de profesores da USC organiza unha cea homenaxe ao ex presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor
Un grupo de profesores da USC integrados no Foro de Pensamento e Opinión ‘Galicia Milenio’ organizan o vindeiro día 25 unha cea homenaxe ao ex presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor con motivo do 25 aniversario do primeiro goberno autonómico galego.
A sesión celebrarase no Hotel ‘Los Abetos’ de Santiago co lema ‘Galicia 25 anos despois’ e incluirá unha quenda de intervencións dos promotores do acto así como a entrega ao homenaxeado dun obsequio conmemorativo.