Historia, Pedagoxía, Administración e Dirección de Empresas, Económicas e Farmacia celebran este sábado os actos de licenciatura
Estudantes de cinco titulación da Universidade de Santiago celebran os seus actos de licenciatura este sábado día 20. Ás catro e media da tarde comezan cos festexos os das licenciaturas de Historia e os de Pedagoxía, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) e no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, respectivamente. O acto de Historia estará presidido pola vicedecana de Asuntos Académicos, Pilar Rodríguez Álvarez. Esta promoción está apadriñada por Mar Llinares García, Miguel Cabo Villaverde, e Miguel Romaní Martínez. O acto de pedagoxía, en Fonseca, estará presidido pólo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Jesús López Romalde.
Ás cinco da tarde, no Auditorio de Galicia (Santiago) terá lugar o acto da licenciatura de Administración e Dirección de Empresas , que estará presidido pola vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna Agra, e media hora máis tarde (ás 18 horas) celebraranse outros dous actos académicos de licenciatura, o de económicas, presidido pola vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva Hermo, no Hotel Congreso (Montouto – Teo) e o de Farmacia, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Este último estará presidido polo reitor Juan Casares e contará tamén coa asistencia do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga, e coas intervencións da decana da Facultade, Isabel Sández Macho; a presidenta do Colexio Oficial de Farmacia de Pontevedra (en representación dos catro galegos, que asisten ao acto), Alba Soutelo Soliño; as alumnas Tatiana Fiz López e Inés Álvarez Capelo; e os padriños da promoción, Francisco Otero Espinar, Manuel Lamela González e Eugenio Uriarte Villares.