Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Homenaxe ás científicas do Instituto de Acuicultura
O Instituto de Acuicultura da USC acolleu un acto de homenaxe ás científicas integradas no Instituto de Acuicultura (IA) á que asistiron máis de 60 investigadores do centro, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento serviu para poñer de relevo a importancia da dimensión feminina no instituto, xa que o 48,5 % dos investigadores principais son mulleres e tendo en conta o total de compoñentes do instituto a porcentaxe ascende ata o 61%.
O Instituto de Acuicultura foi creado hai máis de 25 anos e desenvolveu nos últimos 3 años un proceso de ampliación de masa crítica e obxectivos científicos, que supuxo a vinculación de máis investigadoras e investigadores e o dseño dunha nova axenda científica, relacionando a saúde global en relación co medio acuático.
Esta axenda inclúe tres eixos científicos claramente interconectados (auga e saúde animal, auga e saúde ambiental e auga e saúde humana), e un cuarto eixo transversal (educación e formación en resiliencia e sustentabilidade). As prioridades estratéxicas de investigación, nas que participan as mulleres investigadoras do Instituto de Acuicultura, inclúen: a mellora da produción sostible de animais acuáticos, a vixilancia da calidade química e microbiana do medio acuático natural, e a súa interacción coa saúde humana e animal, a calidade, rastrexabilidade e seguridade alimentaria dos produtos da acuicultura e outros alimentos, peixes: modelos animais en ferramentas biomédicas, biomarcadores de saúde animal e ambiental, desenvolvemento e aplicación de metodoloxías analíticas.